O Bergantiños reduce o Arosa (1-3)

O Salnés
19 de novembro 2023

Chegaba á cita o Arosa coa moral polas nubes despois das tres vitorias consecutivas, pero o gardameta do Bergantiños, Santi Canedo, encargouse de rebaixar esa euforia facendo paradas increibles a pesar de que os de Luisito gozaron de infinidade de ocasións  

Arosa - Bergantiños
Arosa - Bergantiños / Arosa SC

Chegaba á cita o Arosa coa moral polas nubes despois das tres vitorias consecutivas, pero o gardameta do Bergantiños, Santi Canedo, encargouse de rebaixar esa euforia facendo paradas increibles a pesar de que os de Luisito gozaron de infinidade de ocasións.

E é que o 1-3 final non reflicte en absoluto o partido disputado polo equipo arlequinado, que demostrou un bo nivel pero volveu a non estar acertado para portería. E non porque eles fallasen, senón porque Canedo foi o heroe do partido.

O encontro estivo condicionado polo estado do terreo de xogo, apostando os visitantes por un xogo directo mentres os arousáns preferían a posesión.

Iñaki tivo nas súas botas o 1-0 por partida dobre, pero Canedo cunha boa estirada e unha parada a unha man evitouno.

Con todo, o 0-1 subiu ao marcador ao fío do descanso cun penalti tras un córner. O esférico deu na man de Sylla, o árbitro non dubidou e Álex Ramos tranformó.

Luisito deu entrada no intermedio a Cotilla e Mella e lanzouse en busca do empate, que chegou por medio de Santi Figueroa, que rematou de cabeza á rede no 60. Antes, o colexiado anuláralle un gol por un posible fóra de xogo.

E foi o Arosa o que tivo a oportunidade do 2-1, pero Canedo, cun auténtico paradón a un remate de socato de Carús, evitou a remontada.

Pouco despois entrou Longo, que no primeiro balón que tacó sacouse un disparo afastado e marcou un auténtico golazo, e a pesar de que os de Luisito non baixaron os brazos e buscaron a reacción, o Bergantiños sentenciou no 93 cun tanto de Jorge Cano.

Consulta a acta nesta ligazón