Perigoso rival para o Pontevedra este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón, ao que chega un Burgos no seu mellor momento da tempada.
Os granates aspiran a deixar atrás o seu mal momento de resultados, con seis xornadas sen gañar, e para iso deberán superar a un equipo que parecía desafiuzado ao comezo de liga pero que agora está xa fóra de postos de descenso e con grandes números na segunda volta, que o situaron en décimo terceira posición con 31 puntos.
O cadro burgalés tardou 11 xornadas en gañar o seu primeiro partido en liga. Con todo agora chega a Pasarón cunha derrota nos seus sete últimos partidos e tras vencer a pasada fin de semana ao Celta B.
Os de Mánix Mandiola suman 14 puntos de 21 posibles na segunda volta, polos 5 que logrou o Pontevedra no mesmo período. Números opostos que pouco importarán cando empezo a rodar o balón.
Os granates queren recuperar a súa identidade e terminar coa seca goleadora que atravesan, que coincide coa ausencia dun Mario Barco que apurou para chegar en condicións á cita pero ao que lle falta coller confianza tras a súa lesión no nocello.
Polo momento Luisito convocou a todos os futbolistas dispoñibles para o choque, como fai habitualmente nos partidos de casa, e realizará os descartes oportunos ao chegar ao estadio.
O colexiado do encontro será o madrileño Jerónimo Montes García-Navas.