O Boiro termina coas esperanzas do Arosa (1-2)

O Salnés
10 de abril 2016

Adios ás esperanzas do Arosa dunha complicada remontada. O Boiro fixo valer o seu liderado na Lomba e levou os tres puntos, deixando aos arlequinados con opcións matemáticas de alcanzar ao Deportivo B na loita polo cuarto posto, pero nulas posibilidades reais de remontar os nove puntos que lle separan do cuarto posto

Partido entre Arosa e Boiro na Lomba
Partido entre Arosa e Boiro na Lomba /

Adios ás esperanzas do Arosa dunha complicada remontada. O Boiro fixo valer o seu liderado na Lomba e levou os tres puntos, deixando aos arlequinados con opcións matemáticas de alcanzar ao Deportivo B na loita polo cuarto posto, pero nulas posibilidades reais de remontar os nove puntos que lle separan do cuarto posto.

O derbi da ría de Arousa caeu ao lado dos homes que dirixe José Luis Lemos, tras unha primeira parte moi igualada e unha segunda na que os visitantes foron mellores e conseguiron impoñerse na recta final do partido.

Os visitantes tiveron que reaccionar ante a lesión nos primeiros minutos de Borja, que obrigou a Lemos a facer o primeiro cambio dando entrada a Yahvé.

A primeira chegada con perigo do Arosa foi aos 20 minutos, nunha xogada combinativa que inicia Camiño, con parede de Eloy Fariña, e remate do capitán local, só ante Reguero, que conseguiu deter. Foi das poucas ocasións do primeiro tempo.

Na segunda metade resultaría expulsado o técnico local, Piscis, aos 47 minutos ao protestar unha acción na que Óscar recibiu amarela. O partido continuou co mesmo guión e os dous equipos querendo controlar a posesión.

Co paso dos minutos o Boiro foi mellorando, sobre todo a raíz do cambio de sistema de xogo do Arosa, que pasou a xogar con dúas puntas. Os visitantes empezaron a chegar con perigo e avisaron cun centro á área que non atopou rematador. Cunha xogada moi parecida, o Boiro lograba adiantarse no minuto 76. Foi un centro raso ao corazón da área, que Rubén Rivera chegando desde atrás empuxou ao fondo da rede.

Cinco minutos despois Hérbert facía o segundo cun gran remate desde a frontal. O Arosa non veu abaixo e buscou recortar distancias. Fíxoo por medio de Adrián Camiño a falta de catro minutos, pero sen posibilidade de lograr nada máis, nun bo partido que deixa ao Arosa practicamente sen opcións e pensando xa na próxima tempada.

Consulta aquí o acta do partido.