O búlgaro Vladimir Petkov, campión do VI Torneo Internacional de Xadrez

Pontevedra
02 de xaneiro 2018

O Memorial Ramón Escudeiro Tilve organizado pola Escola Xadrez Pontevedra contou coa participación de 117 xogadores, nun torneo disputado na modalidade de partidas rápidas

Vladimir Petkov (esquerda) no VI Memorial Ramón Escudeiro Tilve
Vladimir Petkov (esquerda) no VI Memorial Ramón Escudeiro Tilve

A sexta edición do Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilve organizado pola Escola Xadrez Pontevedra reuniu 117 xogadores nas instalacións do Casino Mercantil.

Despois dunha intensa xornada de competición celebrada na modalidade de partidas rápidas, o vencedor final foi o Gran Mestre búlgaro Vladimir Petkov, ao conseguir 6 vitorias e 3 empates, sumando un total de 7,5 puntos sobre 9 posibles.

Coa mesma puntuación que o campión, pero un peor coeficiente de desempate, quedou o Gran Mestre galego David Lariño, vixente campión de España de xadrez nesta modalidade, e o mestre cubano Arián González.

No plano local Daniel Rivera, representante da Escola Xadrez Pontevedra colocouse na cabeza a falta de só dúas roldas tras derrotar ao gran favorito, David Lariño, pero unha derrota ante o posterior campión, Vladimir Petkov, relegoulle finalmente á sétima posición.

Nas categorías amateur o pontevedrés Pablo Vidal impúxose no tramo Sub2000 FIDE e o marinense Ángel Ferreño fíxoo no tramo Sub1800, mentres que o campión veterano foi o Mestre Internacional Juan Carlos Gil.