O campionato autonómico sénior e xuvenil reuniu en Verducido a case 500 padeeiros esta fin de semana

Pontevedra
19 de xuño 2022

O complexo deportivo David Cal de Verducido converteuse esta fin de semana en sede do Campionato Galego de Piragüismo Sprint das categorías xuvenil e sénior nas modalidades C-1, C-2, C-4, K-1, K-4 e paracanoe

Campionato autonómico de piragüismo sprint xuvenil e sénior en Verducido
Campionato autonómico de piragüismo sprint xuvenil e sénior en Verducido / Cristina Saiz

O complexo deportivo David Cal de Verducido converteuse esta fin de semana en sede do Campionato Galego de Piragüismo Sprint das categorías xuvenil e sénior nas modalidades C-1, C-2, C-4, K-1, K-4 e paracanoe.

O primeiro posto da clasificación por equipos en categoría xuvenil feminina foi para o CP Illa de Arousa (193 puntos), seguido polo Náutico O Muiño (164 puntos) e polo Grupo Xuvenil As Pontes (161 puntos).

En xuvenil masculina, pola súa banda, o mellor equipo foi o Club Fluvial de Lugo (255 puntos), segundo foi o Club Náutico Firrete (238 puntos) e terceira a E. P. Ciudad de Pontevedra (230 puntos).

O categoría sénior feminina, o Kayak Tudense destacou con 352 puntos, seguido do CP Rías Baixas-Boiro con 312 e da EP Ciudad de Pontevedra con 192.

Finalmente, o Ría de Betanzos sénior masculino realizou unha xornada case impecable para coroarse con 502 puntos. Seguiulle o Club Naval de Pontevedra con 367 puntos e o Kaiak Tudense con 351.