O cansazo pasa factura ao Teucro en Puente Genil (25-21)

Pontevedra
17 de marzo 2018

Non puido o Teucro asegurar a permanencia en Puente Genil ao caer derrotado nos compases finais polo Ángel Ximénez, nun partido no que os de Quique Domínguez acusaron o desgaste físico polos partidos acumulados nas últimas semanas e o curto do seu plantel

Partido da Liga Asobal entre Teucro e Ángel Ximénez de Puente Genil
Partido da Liga Asobal entre Teucro e Ángel Ximénez de Puente Genil / Diego Torrado

Non puido o Teucro asegurar a permanencia en Puente Genil ao caer derrotado nos compases finais polo Ángel Ximénez, nun partido no que os de Quique Domínguez acusaron o desgaste físico polos partidos acumulados nas últimas semanas e o curto do seu plantel.

Comezou mellor o equipo andaluz, cunha defensa adiantada e agresiva que dificultaba as accións de ataque do equipo galego, tanto que o Teucro necesitou seis minutos para conseguir o seu primeiro gol, para entón o marcador foise a un 4-1.

Borja Méndez e Dani Hernández tomaron os mandos e o conxunto azul neutralizou a diferenza para empatar o partido (5-5) aos 12 minutos.

A partir de aí o Teucro tomou o mando, ben dirixido por Borja Méndez e con Yoán Balázquez como eficaz complemento nos lanzamentos exteriores. Deste xeito os pontevedreses lograban a súa máxima vantaxe (9-12) que manterían ata o descanso (11-13).

Na continuación o Teucro seguiu mandando, aínda que sempre por unha curta marxe, ata mediado o período final, cando os locais lograban empatar, con Jorge Oliva detendo dous penaltis (15-15, minuto 43).

Sería o momento dos locais, que lograron dar a volta ao marcador, aínda que o Teucro mantívose no partido a un só gol ata o últimos cinco minutos, nos que Ángel Ximénez logrou escaparse, superando incluso a vermella descalificante a Leo Almeida, para terminar logrando dous puntos vitais.

ÁNGEL XIMÉNEZ (25): Álvaro De Hita; Nacho Moya (1), Costa (3,1 de penalti), Fran Bujalance, Leo Almeida (4,1 de penalti), Chispi (4,3 de penalti), Rudovic (5) -sete inicial-, Juanlu Moyano, David Jiménez (1), Tomás Moreira, Mario Porras (1), Revin, Curro Muñoz (2), Jorge Oliva (p.s.) e Jesús Melgar (1).

SD TEUCRO (21): Javi Santana; Samu Gómez, Dani Hernández (6, 4 de penalti), Gehrhardt (1), Edu Moledo (2), Borja Méndez (3), Yoán  Balázquez (5) -sete inicial-, García Lloria (p.s.); Johnny Medina (1), Quintas, Ángel Iglesias (2,1 de penalti) e Bruno de Castro.

ÁRBITROS: García Mosquera (Aragón) Muro San José (Euskadi). Excluíron aos visitantes Quintas, Gehrhardt, Johnny Medina e Bruno de Castro e aos locais David Jiménez, Curro Muñoz e Mario Porras. Descualificaron con vermella directa a Leo Almeida (minuto 44).

Marcador (cada cinco minutos): 1-0, 5-3, 6-7, 7-9, 10-12, 11-13 (descanso), 12-13, 13-15, 15-16, 18-16, 21-19 e 25-21 (final).

INCIDENCIAS: Pavillón Alcalde Miguel Salas (Puente Genil). Uns 500 espectadores.