O CCD Sanxenxo, preparado para o seu Torneo Internacional Júnior de tenis máis especial

Sanxenxo
15 de outubro 2021

O club de Sanxenxo estrea este ano como sede dun torneo internacional de grao 1, máxima categoría tras os grand slam. A competición comeza este domingo 16 de outubro

Presentación do 19º Torneo Internacional Júnior de Tenis de Sanxenxo CCD Sanxenxo

As raquetas máis prometedoras do tenis mundial regresan a Sanxenxo coa 19º edición do Torneo Internacional Junior organizado polo Círculo Cultural e Deportivo (CCD) de Sanxenxo.

Será un ano especial para o torneo, e é que por primeira vez conta coa categoría de grao 1, máximo nivel internacional para unha competición exceptuando os Grand Slam.

A actividade dará comezo este mesmo domingo día 16 e prolongarase ata o día 24 de outubro.

Será en todo caso un punto e seguido, porque tomará a testemuña o Torneo Internacional Cadete que se disputará os últimos días do mes, entre o 23 e o 30 de outubro.

Ambos os dous campionatos foron presentados esta semana na sede do CCD Sanxenxo.