O Céltiga dá a cara ante o líder Deportivo B pero cede pola mínima (1-0)

O Salnés
16 de abril 2017

Os da Illa non lograron puntuar en Abegondo e a próxima xornada afrontarán ante o Ribadumia un duelo clave para eludir o descenso

Partido entre Villalonga e Céltiga en San Pedro
Partido entre Villalonga e Céltiga en San Pedro / Diego Torrado

Non puido conseguir nada positivo o Céltiga na súa visita á cidade deportiva de Abegondo, na Coruña, ante o líder da categoría, o Deportivo B (1-0).

O filial coruñés tivo as ocasións máis claras, pero o Céltiga mantívose firme e contou con opcións para polo menos conseguir un punto.

Jardel, pasada a media hora de xogo, logrou o único tanto do encontro para o Deportivo B.

Tras o descanso o filial optou por dar un paso atrás e buscar a sentenza á contra. Puido conseguilo, pero tamén un Céltiga que non se rendeu ata o asubío final.

Coa derrota os da Illa quedan con 42 puntos, a 1 dun Ribadumia que ocupa a praza de arrastre e ao que recibirá a próxima xornada no Salvador Otero nun duelo que pode resultar clave na pelexa pola permanencia.

Consulta aquí a acta do Deportivo B-Céltiga.