O Céltiga vence a un dos pesos pesados da categoría, o CD Barco

O Salnés
02 de marzo 2019

Pola súa banda, o Ribadumia empata ante o Laracha no campo coruñés e consegue, así, despegarse un pouco máis da parte baixa da clasificación

Partido entre o Arosa e o Céltiga na Lomba
Partido entre o Arosa e o Céltiga na Lomba / Diego Torrado

O  Céltiga conseguiu derrotar, este venres, a un dos pesos pesados da categoría: o CD Barco, que, pola súa banda, a pesar da boa posición da que goza, non atravesa o seu mellor momento en canto a resultados. Os de Javi Rey, con todo, conseguen despegarse un pouco dos postos de perigo e sumar o seu segundo triunfo consecutivo.

A primeira parte estivo dominada desde o comezo polos visitantes, que, grazas a un fantástico xogo individual de Álex Fernández, marchou ao descanso con dous goles de vantaxe. Os dous foron anotados por el, o primeiro a escasos 15 minutos do comezo do choque, e o segundo pouco despois. 

Tras o paso polos vestiario, e, posiblemente, pola comodidade da moi posible vitoria arousá, os anfitrións gañaron en intensidade e conseguiron recortar distancia cun gol de Diego Tato no 61'. Pero non foi suficiente para as táboas e moito menos para darlle a volta ao marcador.

Consulta s acta do CD Barco-Céltiga CF.

O Ribadumia, que continúa preto dos postos de perigo de Terceira División tras seis xornadas consecutivas puntuando (dúas vitorias), empatou este venres ante o Laracha CF. Pola súa banda, os coruñeses non gozan dunha situación moito mellor que os de Luís Carro. 

Aínda que o choque foi ao descanso coa vantaxe dos anfitrións grazas a un tanto de Sanda (27'), conseguiuno o cadro do Salnés a escasos cinco minutos do termo do partido, cando os locais xa daban por feito que a vitoria quedaría en casa. Con todo, un gol de penalti materializado por Hugo Soto (84') fixo posible a repartición de puntos e, con iso, a prolongación da boa serie que atravesa o Ribadumia.

Consulta a acta do Laracha CF-CD Ribadumia.