O Centro Príncipe Felipe acolle este sábado a gala co mellor do taekwondo galego

Pontevedra
20 de setembro 2024

A entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023, organizada pola Federación Galega de Taekwondo, celebrarase no Auditorio do Centro Príncipe Felipe ás 19:30 horas do sábado 21. PontevedraViva recibirá unha mención como medio de comunicación dixital pola cobertura deste deporte ao longo do ano

Representantes galegos no Europeo sub21 de Bucarest
Representantes galegos no Europeo sub21 de Bucarest / Federación Galega de Taekwondo

O vindeiro sábado 21 de setembro, Pontevedra converterase no epicentro do taekwondo galego ao albergar a Gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023.

O evento, organizado pola Federación Galega de Taekwondo, celebrarase no Auditorio do Centro Príncipe Felipe ás 19:30 horas.

A gala servirá para recoñecer os logros das e dos deportistas, adestradores, clubs e xuíces galegos durante o ano 2023, que foi especialmente exitoso para o taekwondo da comunidade tanto a nivel nacional como internacional.

A Federación outorgará premios en diversas categorías, incluíndo hapkido, parataekwondo, freestyle, técnica e combate. Ademais, recoñeceranse aos mellores clubs, árbitros e adestradores.

O evento contará con mencións especiais para institucións e entidades colaboradoras, como a Deputación de Pontevedra e Ence.

Tamén se recoñecerá o labor de medios de comunicación como PontevedraViva.

A gala contará con actuacións musicais a cargo de Mario Rivergood

PREMIOS DA FGT 2023

PREMIO HAPKIDO: Sam Mu Dojang
MELLOR EQUIPO PROMESA: Parella Técnica Júnior - Laura Álvarez e Marco García
MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: Parella Técnica Absoluta - Tomás Fernández e Raquel Guillén
MELLOR ADESTRADOR/A: Jesús Benito

Parataekwondo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Paula Treus Redondo
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Javier Fernández Allo

Freestyle
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Hebe
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Antón Sabín Rendo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Ángela Paz Romero
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Manuel Alejandro Paz Romero
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Celia García Blanco


Técnica
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Neka
MELLOR ÁRBITRO DE TÉCNICA: Nerea Paradelo
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE
TÉCNICA: Marco García Martínez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Laura Álvarez Suárez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Alejandro Losada Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Raquel Guillén Sánchez

Combate
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE COMBATE: Natural Sport Riveira
MELLOR ÁRBITRO DE COMBATE: Verónica Piñeiro Muñiz
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Helena García Suárez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Mateo Boudjenane Liñares
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE COMBATE: Tania Castiñeira Etcheverria
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE COMBATE: Sergio Troitiño Amoedo

MENCIÓNS

MENCIÓN INSTITUCIÓN MÁIS COLABORADORA
Deputación de Pontevedra

MENCIÓN ENTIDADE PRIVADA MÁIS COLABORADORA
Ence

MENCIÓN MEDIO COMUNICACIÓN DIXITAL
PontevedraViva 

MENCIÓN MEDIO COMUNICACIÓN ESCRITO
Diario de Pontevedra

TRAXECTORIA NO MUNDO DO TKD

Óscar Rey Villar
Pedro Iván Rodríguez Garrapucho
Marco Carreira Corredoira
José Manuel López Hermida

MENCIONS DE HONRA CLUBS ACTIVOS MÁIS DE 30 ANOS
Mace Sport
Couto