O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra non terá sexta edición

Pontevedra
14 de decembro 2017

A pesar da cancelación do circuíto como tal, con clasificación e premios aos mellores clasificados ao longo do ano, o Servizo Municipal de Deportes seguirá impulsando as probas que o compoñían fóra da que abría o calendario, a Pedestre de San Brais

Carrera popular do Santiaguiño do Burgo 2017
Carrera popular do Santiaguiño do Burgo 2017 / Diego Torrado

O Servizo Municipal de Deportes non dará continuidade ao Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra en 2018, polo que queda así sen a que sería a súa sexta edición.

Esta decisión non supón con todo a falta de apoio ás probas de atletismo popular que se viñan celebrando, pero si cambian o modelo ao eliminar os premios e clasificación conxunta aos mellores atletas do ano.

A intención dos responsables municipais é que se sigan disputando as diferentes carreiras do calendario fóra da Pedestre de San Brais, que abría o circuíto a últiao fin de semana do mes de xaneiro e que salvo impulso de última hora deixará de organizarse. 

Fomentar a participación en cada unha das probas mantendo o espírito popular preséntase agora como o obxectivo máis inmediato, consolidando algúns dos eventos pensando en convertelos nunha referencia na comarca.

Desta forma, o Urban Trail Night contará o 24 de febreiro coa súa segunda edición e tamén aparecen fixados no calendario anual do Servizo Municipal de Deportes as carreiras de Campañó (26 de maio) ou o Medio Maratón (21 outubro) que organiza a Sociedad Gimnástica.

La Carrera Popular de Santiaguiño celebrarase previsiblemente o 25 de xullo, e falta por concretar a data da proba popular de Monte Porreiro e o PonteNoite 5+5, que o pasado ano formou parte da iniciativa Ponle Freno.