O Club Cisne Balonmán pechará este domingo a primeira volta da competición desprazándose a Burgos para medirse ao San Pablo no Polideportivo Municipal o Plantío en xornada matinal (12:00 horas). Un "dificilísimo viaje" contra un equipo "muy serio" que ten como obxectivo o ascenso a Asobal, polo que poñerá a proba ao equipo branco sobre todo en tarefas defensivas.
Polo momento, o equipo pontevedrés tentará "mantener la posición y vivir de los fallos que puedan tener ellos para presentar un partido lo más complicado posible y traer los dos puntos", analizou o segundo adestrador cisneísta, Quiños.
A clave do partido estará na defensa, que deberá estar moi atenta para evitar o lanzamento exterior "muy peligroso" dos burgaleses, que "exige estar muy atento si quieres tener un buen partido. Hay que molestar y que no tengan buenos lanzamientos".
E é que segundo avanzou o técnico branco, o San Pablo destaca por ser "fisicamente superior ao resto de equipos, corren moito, teñen un bo contragol e esíxenche moito fisicamente. Se non repliegas ben che van a castigar con goles", polo que será "partido moi duro que vai custar sacar adiante".
En calquera caso, o Cisne tratará de "hacerlo lo mejor posible" para manter o liderado da División Honra Prata, xa que unha picada e unha vitoria do Alcobendas sobre o Soria (sábado, 19:00 horas), faría aos pontevedreses descender á segunda posición.