A División de Honra Prata "non dá tregua" para o Club Cisne Balonmán.
Así o asegura o seu segundo adestrador, Quiños, e é que tras dúas sufridas e traballadas vitorias nas dúas primeiras xornadas de competición este sábado 30 de setembro visitará o Pavillón Municipal dos Deportes "un auténtico equipazo".
Trátase do San Pablo Burgos no que milita o pontevedrés Álex Chan, toda unha lenda no Cisne, e que é "un dos grandes rivais este ano da liga, un dos rivais para bater", defende o técnico cisneísta.
"É un equipo e un proxecto para tentar ascender a Asobal, é un dos que mellor se reforzou. Ten moito poder de lanzamento e vainos a esixir moito sobre todo a nivel de transicións porque mete un ritmo moi alto", analiza Quiños.
O encontro entre Cisne e San Pablo Burgos comezará ás 18.30 horas da tarde.