O Cisne cae en Alacante na última xornada de liga (32-30)

Pontevedra
19 de maio 2018

O conxunto pontevedrés pecha a tempada na décima posición da División de Honra Prata despois de encaixar unha derrota ante o Agustinos nun encontro que tiña na súa man ata os minutos finais

Partido entre Cisne e Agustinos Alicante no Municipal
Partido entre Cisne e Agustinos Alicante no Municipal / Diego Torrado

Non puido pechar con bo sabor de boca a tempada o Club Cisne Balonmán ao caer na última xornada de liga na cancha do Agustinos de Alacante.

Os pontevedreses tiveron na súa man a vitoria, pero viron como o seu rival remontaba nos últimos minutos e deixáballes co mel nos beizos. A pesar deles os de Jabato conclúen a competición a décima posición da División de Honra Prata con 26 puntos.

En Alacante os pontevedreses dominaron durante boa parte do choque, especialmente a partir do minuto 20, chegando ao descanso con vantaxe de 14 a 17.

A renda estabilizouse no segundo acto nos 4 tantos en favor dos cineístas, que parecían controlar o partido mentres o tempo avanzaba. 

Foi así ata o últimos cinco minutos, aos que se chegou cun apertado 28-29. Os locais cheiraron sangue e apertaron a un Cisne ao que lle faltou fol e que viu como finalmente escapábanselles os últimos puntos da tempada.

Consulta a acta do Agustinos-Club Cisne Balonmán.