Terceira derrota consecutiva do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata, despois de caer na pista de Los Dólmenes (31-28).
Os pontevedreses comezaron o partido a remolque, cun parcial de 3-0 que lles custou remontar, pero na primeira parte mantiveron un bo nivel nunha cancha complicada, a de Antequera, ante un recentemente ascendido pero que se situou na segunda posición da clasificación.
A pesar de ir en desvantaxe durante gran parte do primeiro acto, nos últimos minutos o Cisne conseguiu igualar a contenda e marchar ao descanso en vantaxe cun gol sobre a bucina (14-15).
Parecía que os de Jabato ían a máis, pero na continuación repetiuse o guión do inicio e pronto os locais volveron tomar o mando cunha renda de dous goles ao seu favor.
Esa diferenza ampliouse aos tres tantos mediado o segundo período e a pesar dos intentos cineístas, practicamente non oscilou ata o final do encontro.
Coa derrrota o Cisne cae á sétima praza con 6 puntos.