O Cisne comeza mal o ano perdendo en Zamora (31-25)

Pontevedra
12 de xaneiro 2019

Los pontevedreses caeron no pavillón Ángel Nieto ante un equipo invicto na casa ata o momento

Partido da Copa do Rei entre o Club Cisne Balonmán e o BM Nava no CGTD Diego Torrado

Duro correctivo o que levou o BM Cisne esta fin de semana en Zamora. A pesar de que o cadro local chegou ao encontro con catro baixas moi importantes, foi quen de facer coma se este feito non o fóra. Baseándose, sobre todo, nunha alta intensidade defensiva, logrou levar os dous puntos e continuar invicto na casa.

Primeira parte bastante igualada, polo menos, no que ao marcador se refire (15-12). Os zamoranos, a partir do forte bloque defensivo mencionado anteriormente, foron capaces de mostrar fluidez en ataque e aproveitar á perfección cada ocasión para non deixar que os pontevedreses se puxesen por diante en ningún momento. E, ademais, cando tes a un dos mellores xogadores da categoría nas túas filas (Octavio), isto último sempre é máis probable. O leonés segue sendo determinante aos seus 33 anos. A pesar diso, o Cisne soubo resistir e, aínda estando, nalgún momento, 5 goles por detrás, conseguiu recompoñerse e recortar distancias apoiándose, principalmente, nos lanzamentos exteriores de Álex Chan. En situacións onde non existe comodidade, ofensivamente falando, este apartado faise imprescindible.

A segunda parte máis do mesmo. Os de Jabato continuaron demasiado atascados en ataque, agravándose, desta forma, a diferenza no marcador e facendo imposible a remontada (31-25). 

Será a próxima fin de semana ante o Nava, cando disputen o derradeiro partido da primeira volta no CGTD. Choque moi complicado contra un dos favoritos de División de Honor Prata.

Consulta a acta do Zamora-Cisne.