O Club Cisne Balonmano botouse á rúa para celebrar con todos os pontevedreses o seu 50 aniversario.
Ademais da carpa instalada na Praza de España, onde os asistentes poden gozar de produtos grastronómicos e diversos actos como concertos ou unha exposición sobre o club, a entidade lerezana organizou este sábado un torneo de balonmán na rúa.
A Avenida Monteiro Ríos encheuse de deportistas, preto de 170 xogadores das categorías benxamín, alevín e infantil do propio Cisne, a SD Teucro, Bueu Atlético e Sociedade Atlética Redondela, que puideron gozar do torneo a pesar da presenza momentáneea da chuvia deslucindo a xornada.
A carpa da Praza de España permanecerá aberta ata as 22:30 horas do domingo.