O Cisne espera que o Bidasoa "pague a competición europea entre semana"

Pontevedra
03 de novembro 2022

O club vasco chegará a Pontevedra sen apenas descanso tras xogar e deixar unha gran imaxe na pista do líder da Bundesliga, o Füchse Berlin. O encontro da Liga Asobal co Cisne xogarase este venres 4 de novembro ás 21.30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes

Javier Márquez, no partido entre Club Cisne Balonmano e Sinfín no Príncipe Felipe
Javier Márquez, no partido entre Club Cisne Balonmano e Sinfín no Príncipe Felipe / Cristina Saiz

A Liga Asobal regresa este venres 4 de novembro ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (21.30 horas) coa visita dun dos grandes equipos da competición, o CD Bidasoa.

O Club Cisne Balonmán, que segue acusando un carrusel de baixas, aspira a dar a talla ante "un dos proxectos máis ambiciosos que hai nesta liga, para pelexar pola segunda praza", recoñece o segundo adestrador cisneísta, Quiños.

"Esperermos que paguen un pouco a competición europea entre semana", sinala o técnico, e é que o Bidasoa chegará a Pontevedra sen apenas descanso tras xogar o pasado martes e deixando unha gran imaxe na pista do actual íder da Bundesliga, o Füchse Berlin.

"Veñen de tutear durante 45 minutos o líder da Bundesliga, co cal fala do seu bo facer", avisa o segundo adestrador dos pontevedreses, que destaca do seu próximo rival que "defende moi ben, e que sobre todo este ano está a facer moito dano no saque rápido de centro, polo que haberá que estar moi atento ao repregamento".

Pola súa banda o adestrador do Bidasoa, Jacobo Cuétara, recoñeceu xusto antes de poñer rumbo a Galicia que "non deu tempo case nin a botarse na cama, pero é o que toca e hai que preparar un partido importante", un choque no que "influirá moito a recuperación que podramos ter, que é bastante complicada por sumar dúas viaxes tan longos en dous días seguidos".

Un factor para ter en conta pero que pouco importará unha vez que de comezo o partido.