O Cisne estrélase contra o porteiro do Palma del Río pero volve gañar (20-22)

Pontevedra
16 de novembro 2019

Líder contra pechacancelas enfrontáronse esta fin de semana en Córdoba. O Cisne desprazouse a terras andaluzas para disputar ante o Palma del Río un partido que se antollaba complicado para os de Pontevedra ao tratarse dunha cancha na que todos os rivais tiveron dificultades para vencer

Javi Vázquez, no partido entre o Cisne e o Palma del Río en el Municipal Mónica Patxot

Líder contra pechacancelas enfrontáronse esta fin de semana en Córdoba. O Cisne desprazouse a terras andaluzas para disputar ante o Palma del Río un partido que se antollaba complicado para os de Pontevedra ao tratarse dunha cancha na que todos os rivais tiveron dificultades para vencer. O claro protagonista do encontro foi o porteiro local que puxo contra as cordas aos de Jabato que vían como cada lanzamento estrelábase no corpo de Fernando Torres.

Comezou o partido co Cisne mandando no electrónico, logrando unha primeira vantaxe de 3 goles cando se cumprían os primeiros 7 minutos de partido (2-5), pero dous posteriores erros nos lanzamentos, provocaron que os locais reducisen a vantaxe a 1.

Alcanzábase o ecuador da primeira metade e os de Pontevedra volvían aumentar en 3 unha renda que perigaba por momentos. Durante os seguintes 5 minutos o protagonismo foi de ambos os gardametas que impediron que o marcador cambiase (8-10).

A bancada arroupaba aos seus e o Cisne seguía errando nos lanzamentos, polo que esa diferenza de dous goles viuse igualada nos últimos compases da primeira metade para chegar ao descanso cun empate a 12.

Tras o intermedio, o Palma del Río poñíase por diante por segunda vez no partido tras o 1-0 do principio, e o Cisne comezaba a sufrir fallando ata 4 penaltis nesta metade. A Jabato non lle gustaba o que vía sobre a cancha e pediu un tempo morto valioso que supuxo un cambio no sistema de xogo dos brancos que anotaban un parcial de 0-3 e poñían o 16-17 no marcaador.

Quedaban 13 minutos e o partido estaba tolo. De novo os locais poñíanse por diante e o Cisne reaccionaba non só empatando, senón índose con dous arriba, que puideron ser máis senón fóra polas paradas do porteiro local, Fernando Torres.

Finalmente, o partido concluíu cun 20-22 a favor do Cisne, resultado que os mantén líderes da clasificación unha semana máis.

Consulta a acta do partido entre Palma del Río-Cisne na seguinte ligazón.