O Cisne ficha a Guillermo Rial e dá por pechado o plantel

Pontevedra
11 de agosto 2015

O central, de 21 anos, procede do Seis do Nadal e convértese na quinta incorporación do equipo adestrado por Edín Covelo para o seu proxecto na División de Honra Prata

Guille Rial (dereita) durante o partido da pasada tempada entre Cisne e Seis do Nadal
Guille Rial (dereita) durante o partido da pasada tempada entre Cisne e Seis do Nadal / Diego Torrado

O Club Cisne Balonmán xa ten a guinda ao pastel para o seu proxecto na Divisióm de Honor Plata.

O club presidido por Santiago Picallo confirmou este martes á súa quinta fichaxe, coa que dá por pechado o plantel.

Trátase de Guillermo Rial, central de 21 anos que xogaban e se formou no Seis do Nadal.

"Incorpórome ao Cisne con moitas ganas e ilusión, coñezo a case todos os xogadores polo que non me custará adaptarme ao equipo. Ademais, xogar en División de Honra Prata é unha grande oportunidade para min e vouna aproveitar ao máximo " sinalou Rial tras coñecerse a súa fichaxe.

O Cisne, que se encontra en plena pretempada, traballa para poñerse a ton co obxectivo de chegar en boa forma ao debut ligueiro do 5 de setembro ante o Balonmano Alcobendas.