O Cisne inicia en Alcobendas a súa semana máis complicada

Pontevedra
07 de outubro 2016

En apenas sete días o equipo pontevedrés enfrontarase a Alcobendas (sábado,18:00 horas) e aos dous primeiros clasificados, Barcelona B e Palma del Río. Jabato afronta con optimismo esta fase e co plantel en plenas condicións, sen baixas por lesión

Adestramento do Cisne 16/17
Adestramento do Cisne 16/17 / Cristina Saiz

Despois da dolorosa derrota en Córdoba no seu primeiro desprazamento ligueiro, o Club Cisne Balonmán busca o desquite en "una pista muy complicada", a do Balonmano Alcobendas (sábado, 18:00 horas).

Será o inicio do que o adestrador cineísta, Jabato, cualifica como unha das semanas máis complicadas de de a tempada, na que ademais de ante Alcobendas deben xogar ante dúas dos colíderes da competición, Barcelona B e Palma del Río. Todo iso en apenas sete días.

Esta xira iníciase en Madrid ante un conxunto que foi deseñado para pelexar polos postos de privilexio pero que iniciou a competición de maneira irregular, aínda que "el nivel de la plantilla está ahí", sinala Jabato.

O técnico non se fía e asegura que "nos van a exigir muchísimo" cun alto ritmo de xogo no que será importante "minimizar las pérdidas de balón y elegir bien los lanzamientos".

A pesar de todo o equipo pontevedrés viaxa confiado das súas posibilidades, en "una buena líea ascendente" e sen baixas por lesión, xa que a única ausencia será a de Andrés Sánchez, que deixou o equipo durante uns meses por unha bolsa de estudos. Ademais queda en Pontevedra por decisión técnica Fabián González.

O encontro será arbitrado polos cataláns Escoda Pérez e Sánchez Bordetas.