O Cisne lidera a clasificación tras vencer ao Córdoba cun gol sobre a bucina (27-28)

Pontevedra
05 de outubro 2019

Partido de infarto o vivido esta fin de semana en Andalucía no que se enfrontaban o Cisne contra o recien ascendido Córdoba. Un gol de José Leiras deu a vitoria ao equipo pontevedrés e permite que durma líder en solitario trala derrota do que era colíder, o Barça B

Partido entre o Córdoba e o Cisne
Partido entre o Córdoba e o Cisne / Córdoba Balonmano

Partido de infarto o vivido esta fin de semana en Andalucía no que se enfrontaban o Cisne contra o recien ascendido Córdoba. O encontro decidiuse cun gol sobre a bucina de José Leiras que deu a vitoria ao equipo pontevedrés e permite que durma líder en solitario despois da derrota cultivada polo que era colíder, o Barça B.

Durante o primeiros trinta minutos, o Córdoba levou a iniciativa co marcador a favor e impediu que o Cisne se adiantase en ningún momento. Foi no minuto catro cando con tres goles seguidos, o conxunto andaluz conseguiu a súa primeira vantaxe de dúas (4-2) de todo o encontro. Os protagonistas desta primeira metade foron os erros en ataque por parte de ambos os conxuntos que lanzaban pero o marcador apenas se movía. 

Co 13-13 ao descanso, tras o paso polos vestiarios volveuse á mesma dinámica que nos primeiros 30 minutos, o Córdoba por diante no marcador e o Cisne empatando pero sen remontar. De novo, a máxima vantaxe que logrou o conxunto andaluz nesta segunda metade foi de dúas tantos que o Cisne, novamente, volvía empatar.

A falta de tres minutos e medio para que concluíse o encontro, os de branco ían dous goles por baixo no electrónico pero a exclusión do xogador local, Jesús Mosquera, no minuto 28, fixo que os de Jabato empatasen o encontro (27-27).

Cos nervios a flor de pel e a falta de 30 segundos para que terminase o partido, os dous equipos pediron un tempo morto para organizar as ideas. O Córdoba fallou e o Cisne aproveitou a última posesión do encontro que lle permitía conseguir adiantarse por primeira vez en todo o partido e a súa consecuencia de gañalo.

O protagonista foi José Leiras, que cun lanzamento sobre a bucina, bateu a portería do gardameta local para darlle así a vitoria ao Cisne e cultivar, con esta, a terceira vitoria consecutiva nesta tempada.

Consulta a acta do partido Córdoba-Cisne na seguinte ligazón.