O Cisne conseguiu este sábado a súa sexta vitoria ante o Villa de Aranda, club burgalés que milita en División de Honor Prata por segundo ano consecutivo, tras descender de Asobal na tempada 2016-2017. E o certo é que o fixo con autoridade, dando a impresión de que, aínda sufrindo nalgún tramo do partido, a vitoria quedaría en Pontevedra (xa van 4 no CGTD).
Durante a primeira parte, aínda que é certo que en case todo momento estivo por diante, o equipo local non logrou despegarse no marcador. Isto quedou reflectido no resultado ao final da mesma (15-14), que deixaba así un segundo tempo aberto, onde podía puntuar calquera dos dous, se non ambos.
Con todo, a vitoria caeu ao lado dos de Jabato unha vez máis. No segundo tramo do encontro, os arandinos adiantaron a súa defensa, tentando xerar erros no ataque do Cisne. Con todo, xogadores moi rápidos como o son Chan, Andrés Sánchez, Álvaro Prezado e José Leiras souberon aproveitar esta situación á perfección e xerar as superioridades necesarias para chegar aos seis metros con facilidade.
Finalmente, un resultado xusto (32-28) fai que os pontevedreses alonguen o momento doce que atravesan, e colócaos terceiros na táboa.
CISNE (32): Novás; Dani Ramos (2), Miguel Simón, Álvaro Preciado (6), Alejandro Conde, Pablo Picallo (4), Andrés Sánchez(4) (sete inicial), Dani Fernández, Álex Chan (6), Igor dos Santos, Bruno Vázquez, Javi Vázquez (1), Jose Leiras (9), Pablo Gayoso e Guilherme Linhares.
VILLA DE ARANDA (28): Luis de Vega; Nico López (6), Yano Andrey, Víctor Mejías (5), Felipe Roberto, Alberto Molina (3), Miguel Lloréns (5) (sete inicial), Guilherme Leonel, Abdellatif Haddouche, Diego Martínez (2), Rodrigo del Val (1), Matheus Lennon (2), Julen Elustondo (1), Alejandro Pombo (3) e Ricardo Amerigo.
Resultado (cada 5 minutos): 3-2, 6-5, 8-6, 11-8, 14-11, 15-14 (descanso), 19-16, 22-19, 26-20, 28-24, 30-25 e 32-28 (final).
Árbitros: Lorena García Gil e Tania Rodríguez Estévez (Federacións Aragonesa e Valenciana), que amonestaron a Alejandro Conde, del Cisne, e a Nico López, Yano Andrey e Alejandro Pombo.
Incidencias: Centro Galego de Tecnificación Deportiva frente a máis de 150 espectadores.