O Cisne mantén a súa aposta pola canteira e renova a Arboleya

Pontevedra
23 de agosto 2021

O prometedor xogador está aínda en idade xuvenil e foi un dos artífices do triunfo na final da Copa de España contra o  FC Barcelona

Partido do Nacional Xuvenil entre o Cisne e o Ademar León
Partido do Nacional Xuvenil entre o Cisne e o Ademar León / Cristina Saiz

O Dicsa Modular Cisne segue avanzando na confección do seu plantel para a próxima tempada na que, un ano máis, a canteira volverá ser protagonista. O equipo branco anunciou este luns a renovación doutra das súas perlas: Román Arboleya.

O xogador, aínda en idade xuvenil e especialista no xogo de ataque, xa sabe o que é xogar co primeiro equipo e foi unha peza fundamental no xuvenil para alzarse co título de campións de España 

"Vou estar un ano máis no Cisne e quero agradecer á directiva por confiar en min, pero sobre todo aos tolos do Cisne porque van estar na bancada animándonos en cada partido", dixo o xogador no vídeo difundido polo club nas súas redes sociais para anunciar o compromiso