O Cisne métese nas semifinais da Copa Galicia ao gañar con autoridade ao Ribeiro (16-36)

Pontevedra
25 de agosto 2019

Aos de Jabato tócalles agardar ao partido deste martes entre o Teucro A e o Lalín para saber se haberá derbi na penúltima rolda da competición galega

Partido de Copa entre o Cisne e o Ribeiro en Ourense
Partido de Copa entre o Cisne e o Ribeiro en Ourense / Pontevedraviva

O Cisne continúa coa súa pretemporada e, despois do partido deste sábado en Ribadavia, nas semifinais da Copa Galicia. 

Este sábado, o primeiro equipo pontevedrés viaxou para enfrontarse ao Ribeiro na súa pista, onde este impúxose desde o minuto un. Os de Jabato non deron opción algunha aos ourensáns e con superioridade marcháronse ao descanso (6-16).

Cunha renda máis que cómoda, os pontevedreses continuaron co mesmo ritmo. Cabe destacar a efectividade para portería do zurdo Bruno Vázquez, que anotou oito tantos, ademais da alta porcentaxe de paradas de Jorge Villamarín (62%, 10 de 16 tiros). O técnico cisneísta apostou, unha vez máis, por dar minutos aos seus xogadores xuvenís, conseguindo, finalmente, que co inmellorable xogo ofensivo do equipo, este chegase ao  bocinazo final cun 16-36 no marcador.

Ao Cisne tócalle esperar ao resultado do encontro deste martes entre o Teucro A e o Lalín para saber, desta forma, se haberá derbi en semifinais.