O plantel do Club Balonmán Cisne foi recibido este xoves polo vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo.
O dirixente destacou a calidade do balonmán galego, que ten presenza nas máximas categorías nacionais, á que este ano regresa o equipo pontevedrés tras o seu descenso hai dúas tempadas e na que compite o Frigoríficos do Morrazo de Cangas.
O popular puxo en valor "o traballo do club para fomentar o deporte base e inculcar os valores do deporte ás xeracións máis novas".
Mentres que desde o conxunto branco colaboran nalgunhas das actividades do Plan Corresponsables da Xunta destinado a favorecer a concicliación familiar na época estival.