A poucos días de afrontar o seu debut na División de Honra Prata, o Club Cisne Balonmano segue a solicitar apoios para a súa nova aventura.
Nesta ocasión fíxoo sacando o balonmán á rúa nun acción promocional desenvolvida na céntrica Praza da Peregrina, que se converteu nunha cancha improvisada, con portaría incluída, para animar os pontevedreses a practicar a súa puntaría.
"Buscamos por un lado, achegar o balonmán aos pontevedreses e por outro, dar a coñecer o equipo e seguir captando socios para a tempada que está a punto de comezar", explicou o presidente do club, Santiago Picallo.
Os xogadores do primeiro equipo foron os protagonistas do acto, enmarcado dentro da capaña de socios para a presente tempada.
O Cisne debutará en liga o próximo sábado (18:00 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva) ante un dos favoritos a pelexar polo ascenso, o Balonmano Alcobendas.