A pesar da paralización das súas actividades, especialmente tras o peche temporal do Complexo Deportivo Rías do Sur o pasado luns 9 de novembro, o Club Natación Galaico segue funcionando en tarefas organizativas.
Neste sentido o club pontevedrés informou da recepción dunha nova furgoneta para uso exclusivo da entidade.
Trátase dun vehículo "totalmente equipado", aseguran, e que se destinará aos desprazamentos deportivos a competicións tanto autonómicas como nacionais cando a situación se normalice.
A adquisición da furgoneta foi financiada con cargo ao Plan Social Ence.
"Vai facilitar moito o traballo da entidade", sinalaron desde o club presidido por Amparo Porta.