O Club Natación Ponteareas, vencedor do Campionato Galego Absoluto de Inverno en Pontemuíños

Pontevedra
06 de xaneiro 2021

O equipo masculino do Club Natación Galaico logrou subir ao podio na terceira posición, mentres que o feminino concluíu na quinta praza

Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno en Pontemuíños
Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno en Pontemuíños /

A piscina do Complexo Deportivo Rías  do Sur de Pontemuíños, en Pontevedra, puxo fin despois de tres días de actividade e competición ao Campionato Galego Absoluto de Inverno de Natación.

A cita, que estreaba o calendario de eventos deportivos de 2021 na cidade, congregou a 253 nadadores de 22 clubs da comunidade.

Tras as tres xornadas, celebradas entre o 3 e o 5 de xaneiro, o gran vencedor polo Club Natación Ponteareas, ao ser o mellor equipo na suma das categorías feminina e masculina. Sumou un total de 784 puntos, seguido do Club del Mar con 735 e o Real Club Náutico de Vigo con 714. 

En canto ao club anfitrión, o Natación Galaico, conseguiu subir ao podio na categoría masculina, ao ser terceiro con 393 puntos superado por Club del Mar (397) e CN Arzúa (416), segundo e primeiro respectivamente. 

Na categoría feminina, co Galaico en quinto lugar, impúxose o RCN Vigo (488 puntos) co Ponteareas (474) en segundo lugar e o CN Arteixo (438) na terceira.

A nivel individual o Trofeo Paula Carballido á mellor puntuación na táboa FINA foi gañado por Miguel Martínez (RCN Vigo) na categoría masculina e por Paula Otero ( CN Arteixo) na feminina. Ademais Jacobo Garrido conseguiu a mellor puntuación na táboa IPC (natación adaptada).