O Concello de Marín aproba as subvencións para clubs deportivos

Marín
10 de novembro 2017

En concreto repártense 45.000 euros de axudas correspondentes á tempada xa finalizada de 2016/2017

VII Torneo de Nadal do Marín CF
VII Torneo de Nadal do Marín CF / PontevedraViva

A concellería de Deportes do Concello de Marín fixo público o ditame da comisión evaluadora das subvencións para o deporte federado no municipio.

Estas axudas, con 45.000 euros de orzamento, correspóndense á tempada xa finalizada de 2016/2017, aos que se suma a subvención nominativa de 20.000 euros outorgada ao Club Baloncesto Peixefresco pola súa participación na Liga LEB Ouro.

Un total de 19 clubes deportivos recibirán desta forma fondos municipais, repartidos da seguinte maneira:

CLUBE SUBVENCIÓN
AD Judo Dom+ 3.387,71 euros
EF Vila de Marín 1.387,18 euros
Club Deportivo Mat's 8.267,57 euros
Club Remo Ría de Marín 2.053,02 euros
Club Deportivo La Peña 665,84 euros
Club Voleibol Marín 277,44 euros
Club In Mare 1.997,53 euros
Club Rítmica Ría de Marín 665,84 euros
Real Club de Mar Aguete 6.880,39 euros
SD Santomé 221,95 euros
Clube Ximnasia Vila de Marín 1.442,66 euros
Club Ciclista Marín 2.496,92 euros
Marín CF 1.276,20 euros
Xadrez Marín 1.165,23 euros
CD Pinarium 1.553,64 euros
Club Atletismo San Miguel 1.942,05 euros
Team Thunder 6.048,09 euros
Escuelas Deportivas Marín 2.164 euros
Ancoradouro FS 1.109,74 euros