A concellería de Deportes actualizará a normativa que regula o uso das instalacións deportivas municipais e a taxa que os clubs abonan polo seu uso.
Así o avanzou o edil responsable, Tino Fernández, asegurando que se departamento está a traballar na elaboración dun novo documento normativo para optimizar a xestión e adaptala "á realidade e ás necesidades dos clubs da cidade", sinalou o concelleiro.
Fernández considera que, "coa disolución do Instituto Municipal dos Deportes (IMD) e o notable incremento de infraestruturas deportivas que se produciu durante os últimos anos, sobre todo no que se refire a campos de fútbol, resulta necesario reordenar o actual sistema de administración" aínda que está "relativamente satisfeito"en como estaba a funcionar o actual.
Agora mesmo a nova normativa atópase aínda en fase embrionaria, recoñecen, polo que os técnicos irán testando diferentes alternativas "ao longo do ano 2020".
A ordenanza vixente que regula as instalacións deportivas data do ano 1989, polo que "quedou obsoleta", sinala Fernández sobre a súa intención de actualizar a taxa de uso de campos e pavillóns, un plan para o que pretende "contar coas aportacións dos clubs".