O Condes de Albarei Teucro, a "seguir creciendo" ante a visita do Granollers

Pontevedra
29 de setembro 2017

Os azuis aseguran ter "ganas de desquitarnos" da derrota da pasada semana en Pamplona e miran con optimismo a visita ao Municipal  de "una de las plantilla más fuertes" da categoría, recoñece Quique Domínguez. O choque, ás 17:00 horas por esixencia da televisión

Partido entre Condes de Albarei Teucro e Guadalajara no Municipal
Partido entre Condes de Albarei Teucro e Guadalajara no Municipal / Diego Torrado

A boa imaxe mostrada a pesar da derrota polo Condes de Albarei Teucro a pasada semana en Pamplona, ante un dos equipos chamados a estar na zona alta de Asobal como o Anaitasuna, non fixo caer no conformismo aos azuis, que aseguran estar "con rabia y ganas de desquitarnos" este sábado na visita de "una de las plantillas más fuertes" da categoría, o Balonmano Granollers.

Nun horario pouco habitual por esixencia da televisión (17:00 horas) mediranse no Municipal os dous equipos con máis anos de historia no balonmán nacional, unha cita que volve á máxima categoría cun Teucro que espera "seguir creciendo", recoñeceu na previa do choque Quique Domínguez.

O técnico pontevedrés cre que o irregular inicio do Granollers en liga é unha arma de dobre fío, xa que "vendrá seguro dolido por el último resultado", unha derrota ante o Valladolid que lle colocou con só dous puntos nas tres primeiras xornadas de competición.

Ese aspecto non descentra aos locais, que esperan "un partido duro en el que tenemos que estar al 100% si queremos puntuar", declarou Javi Santana.

O gardameta teucrista volve á convocatoria do equipo tras os problemas físicos que lle impediron estar ante o Anaitasuna, unha lista na que faltará de novo Andrés Moyano e tamén o lesionado Medina. Ademais Óscar Silva será dúbida ata última hora xa que "no acaba de tener buenas sensaciones con el hombro", explicou Quique Domínguez.

O partido no Pavillón Municipal dos Deportes será arbitrado polos galegos Rodríguez Estévez e Rosendo López.