O corredor do Froiz César Neira, triplo campión de España de ciclismo adaptado

Pontevedra
20 de abril 2017

O ciclista madrileño do club pontevedrés colgouse tres medallas de ouro na competición en pista celebrada en Tafalla

César Neira, ciclista do Froiz, no Campionato de España en Pista
César Neira, ciclista do Froiz, no Campionato de España en Pista

Gran resultado para César Neira no Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Pista celebrado na localidade navarra de Tafalla.

O ciclista madrileño do Grupo Deportivo Supermercados Froiz fixo pleno ao conseguir tres medallas de ouro nas tres probas nas que participou.

O primeiro dos títulos chegou na súa especialidade, a proba de persecución. Despois chegaron os resultados nas outras dúas disciplinas, o quilómetro e o scracht, onde tamén se impuxo a pesar de que a súa preparación non vai encamiñado a iso.

Neira conseguiu igualar así o resultado que lograra o pasado ano en Galapagar, onde tamén conseguiu enfundarse tres maillots de campión de España na súa categoría, MC4, e esqueceu de paso o seu papel no recente Mundial, no que quedou a un paso do podio.