O CW Pontevedra ponse en marcha para volver competir en liga 18 meses despois

Pontevedra
30 de agosto 2021

Os deportistas de cada unha das categorías están citados o 1 de setembro no local do club do edificio  adminsitrativo da Xunta para participar nas reunións técnicas informativas previas ao comezo dos adestramentos

Club Waterpolo Pontevedra
Club Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra ponse en marcha. O 1 de setembro a directiva do club ten previsto retomar a súa actividade para a tempada 2021/2022 coa esperanza de volver competir nas ligas das diferentes categorías despois de case 18 meses sen encontros oficiais. 

Co inicio de setembro, a escuadra pontevedresa cita a todos os seus deportistas e os seus familiares para as reunións técnicas informativas de inicio de tempada para explicar como levarán a cabo os adestramentos.

As reunións celebraranse no edificio administrativo da Xunta en Benito Corbal e alí están citados os integrantes de cada unha das categorías cada media hora para terminar ás 21 horas coa reunión do equipo absoluto masculino.

As datas e piscinas de inicio de adestramentos están aínda pendentes de confirmar. Ademais, lembran desde o club que volverán organizar xornadas de portas abertas para captar novos xogadores de calquera categoría.