O CW Pontevedra xuvenil feminino faise co campionato autonómico

Pontevedra
27 de febreiro 2023

O equipo masculino conseguiu a medalla de bronce despois de perder en semifinais contra o CW Santiago  

Equipo juvenil feminino del CW Pontevedra
Equipo juvenil feminino del CW Pontevedra / CW Pontevedra

O pasado sábado 25 de febreiro o Club Waterpolo Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Natación, organizou os Campionatos Galegos de Waterpolo Xuvenil feminino e masculino, coa piscina do CGTD de Pontevedra como escenario.

Na categoría feminina, o Club Waterpolo Pontevedra proclamouse campión galego despois de vencer ao RCN Vigo por 16 a 12. As mozas saíron moi concentradas e foron todo o tempo por diante no marcador, chegando a ter unha vantaxe de 10 goles ao final do terceiro período, permitindo dar minutos ás máis novas, que fixeron un bo papel e destacando o gol do xogadora alevín Carlota.

O equipo tivo a colaboración das xogadoras Candela e Emma do CW Santiago e Raquel do Club Mariña Ferrol. Con esta vitoria, consegue a clasificación para o Campionato de España Xuvenil Feminino.

O equipo xuvenil masculino, pola súa banda, fixo un papel digno tendo en conta a xuventude do seu plantel. Con só 3 xogadores xuvenís, 9 cadetes e 2 infantís, o conxunto pontevedrés caeu derrotado ante un dos favoritos, o CW Santiago, por 12-8 nun encontro no que as superioridades desaproveitadas foron a tónica dominante.

Pola tarde, tivo lugar o partido polo terceiro posto contra o CW Coruña Rías Altas con vitoria para os pontevedreses por 8-17 para quitar o mal sabor de boca do primeiro partido. En categoría masculina o ouro foi para RCN Vigo, a prata para CW Santiago e o bronce para CW Pontevedra.