O deporte adaptado faise visible na Illa das Esculturas

Pontevedra
18 de febreiro 2020

Pontevedra acolle un ano máis o Campionato Galego de Campo a través para persoas con discapacidade intelectual, unha competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado

Presentación do Campionato Galego de Campo a Través para deportistas con discapacidade intelectual
Presentación do Campionato Galego de Campo a Través para deportistas con discapacidade intelectual / Cristina Saiz

Pontevedra acollerá un ano máis o Campionato Galego de Campo a través para persoas con discapacidade intelectual. 

O evento, organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado e que terá lugar o mércores 19 de febreiro, foi presentada oficialmente este martes no Concello.

Trátase dunha competición que ademais de loitar pola inclusión pretende visibilizar o esforzo dos deportistas nas súas diferentes categorías: xogo, adaptado e competición.

A Illa das Esculturas será escenario das diferentes carreiras a partir das 11:00 horas da mañá.

Está prevista a participación de  ao redor de 200 deportistas de 17 clubs de toda a comunidade.