O deporte pontevedrés, sensibilizado co 25-N

Pontevedra
26 de novembro 2018

Varios clubs protagonizaron actos de sensibilización coa loita contra a violencia de xénero. Entre eles o Club Baloncesto Arxil sumouse con todos os seus equipos a unha campaña da Federación Galega de Baloncesto e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia

O Arxil súmase á campaña pola eliminación da violencia de xénero
O Arxil súmase á campaña pola eliminación da violencia de xénero

O 25-N, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, estivo moi presente na xornada deportiva da fin de semana dos equipos da comarca.

Varios foron os que desenvolveron actos de sensibilización en favor da loita contra a violencia de xénero antes dos seus respectivos encontros.

Entre eles destacou o Club Baloncesto Arxil, que se sumou con todos os seus equipos a unha campaña organizada pola Federación Galega de Baloncesto e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

As xogadoras de ambos os equipos, incluíndo ao conxunto de Liga Feminina 2, pousaron antes dos seus respectivos partidos cuns panos co lema "NON é NON".

Tamén O Fisgón, da Segunda División de fútbol sala, pousou na pista da Raña xunto ao seu rival, o Ribamontán al Mar, cunha pancarta que rezaba "non á violencia de xénero" antes do encontro que terminou con triunfo de 3 goles a 2.

Pola súa banda o Club Atletismo Rías Baixas organizou un acto no que a atleta marinense Antía Sestelo foi protagonista cun discurso para tentar aumentar a  concienciación sobre esta secuela social.

Foron algúns dos exemplos dunha xornada á que tamén se sumaron outros clubs como o Waterpolo Pontevedra ou a SD Teucro, entre outros.