O descendido Rubí sorprende (3-1) a un Poio Pescamar que se despide da cuarta praza

Poio
27 de maio 2017

A falta dunha xornada, as vermellas son sextas e só poderían escalar unha posición despois da derrota na pista do cadro catalán

Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante
Partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante / Diego Torrado

Inesperada derrota do Poio Pescamar, que di adeus ás opcións que tiña de concluír a liga na cuarta posición tras caer na pista do Rubí (3-1).

O cadro catalán, xa descendido, deuse unha alegría ante a súa afección nun partido que se lle puxo moi pronto a favor, aos dous minutos, tras un saque de banda que terminou co gol de Alba para as locais.

Co paso dos minutos melloraron as vermellas, que empezaron a dominar ata que Jessi, a cinco minutos do descanso, aproveitaba un pase de Ceci ao segundo pau para igualar.

Co empate chegouse ao decanso, pero cando parecía que o partido empezaba a inclinarse para o Poio foi o Rubí o que volveu golpear co segundo gol de Alba no minuto 26.

Non estaban acertadas en ataque as xogadoras pontevedresas, e Marcio recorreu a falta de tres minutos ao xogo de cinco para salvar polo menos un punto. Con todo o que chegou foi a sentenza local xa nos último minutos.

Coa derrota o Poio Pescamar, a falta dun partido, queda na sexta posición e só podería ascender unha posición en caso de gañar o seu último encontro e que non o faga o Ourense Envialia.

RUBÍ FS (3): Nerea, Arancha, Alba Laia, Tosti -cinco inicial- Ainhoa, Domi, Gloria, Patri, Mariona.

POIO PESCAMAR (1): Mónica, Charo, Ale de Paz, Jenny, Patri -cinco inicial- Patri, Jessy, Ceci, Yolanda.

Goles: 1-0 Alba (min.5), 1-1 Jessi (min.15), 2-1 Alba (min.26), 3-1 Alba (min.39).

Incidencias: Partido disputado no pavillón La Llana ante máis dun cento de espectadores.