O equipo masculino do Galaico participa na Copa de España de Clubs 2ª división

Pontevedra
12 de decembro 2022

O equipo pontevedrés finalizou no quinto posto a fase territorial galega da competición, mellorando a súa posición do último campionato autonómico

Equipo masculino do Galaico na Copa de España de 2ª División celebrada en Santiago
Equipo masculino do Galaico na Copa de España de 2ª División celebrada en Santiago / Club Natación Galaico

A piscina compostelá de Santa Isabel foi escenario durante a fin de semana da fase territorial da Copa de España de Clubs de 2ª División.

Na cita compareceu o Club Natación Galaico co obxectivo de mellorar os seus últimos resultados e esquecer na medida do posible os problemas de adestramento que seguen sufrindo.

A pesar de non poder aliñar a todos os seus nadadores por unha lesión de Juan David Hernández, o club pontevedrés logrou mellorar a súa clasificación do último campionato autonómico ao ser o quinto mellor dos equipos participantes (1.049 puntos).

O vencedor na clasificación xeral foi o CN Portamiña (1.263 puntos), seguido por esta orde do CN Ferrol (1.171 puntos), CN Pabellón (1.129,50) e CN Arteixo (1.088).

A nivel individual destacou o papel de Daniel Sánchez ao lograr a vitoria no 50 libre e dous segundos postos en 50 costas e 100 libre. Ademais a remuda 4x50 Estilos formado por Daniel Sánchez, Cibrán Leal, Jacobo Ucha e Tomás Bouzas foi segundo, Cibrán Leal fíxose co terceiro posto en 50 Braza e Cristian Fernández foi cuarto no 1.500 e o 400 libre.