A volta á normalidade segue chegando ao deporte despois da crise sanitaria polo coronavirus.
Cos clubs regresando aos poucos aos adestramentos, tamén son os equipos nacionais os que queren sumarse a esta normalidade e iniciar as concentracións dos mellores deportistas do país.
Entre eles atópase a nadadora do CN Galaico, Alicia Bouzas, que foi convocada polo Equipo Nacional Infantil para unha concentración de tecnificación que se celebrará do 26 de xullo ao 1 de agosto en Buitrago de Lozoya (Madrid).
A ela súmanselle as galegas Sofía Carballo (CN Ponteareas) e Carla Carrón (CN Arzúa), mentres que Pablo Cabana (CN Ponteareas) estará como integrante do Equipo Nacional Junior-1 de Augas Abertas.
Para esta concentración tamén está convocado Andrés Carrera, adestrador do CN Ponteareas, como integrante do cadro técnico.