O estadounidense Dramell Hogan seguirá defendendo ao Peixe Galego en Liga EBA

Marín
24 de agosto 2021

O ala pivot asinou unha media de 23,2 puntos por partido e foi unha figura fundamental no ascenso do Peixe Galego desde Primeira Nacional. Ademais compaxinará o seu papel no primeiro equipo co traballo de adestrador das categorías basee

Drammel Hogan renova co Peixe Galego
Drammel Hogan renova co Peixe Galego

O Peixe Galego contará cunha impoñente arma no seu xogo interior para o seu regreso á liga EBA. O ala pívot Drammel William Hogan renova o seu contrato co cadro da Raña unha tempada máis co obxectivo de contribuír a devolver ao conxunto marinense ao lugar que lle corresponde.

A achega de Hogan no curso pasado foi decisiva para lograr o ascenso a Liga EBA. O norteamericano, con grandes números nas ligas universitarias do seu país, asinou unha media de 23,2 puntos partido coa camiseta azul. A intención é manter ese mesmo nivel sobre a cancha, pero non só pode ofrecer puntos e rebotes ao seu club, este ano compaxinará as súas aparicións co primeiro equipo coa súa nova función de adestrador das categorías base. 

Coa súa continuidade, a directiva peixiña dá un paso máis na súa filosofía de "cimentar ou equipo cos xogadores que lograron ou ascenso e apostar por xogadores locais e dá contorna", pois o estadounidense leva xa varios anos vivindo en Pontevedra.