O Europeo U15, próximo reto de Nadiia Zoltikova

Pontevedra
01 de maio 2024

A xoven deportista do Club Loita Pontevedra foi convocada pola Selección Española para competir no Campionato de Europa U15 que se disputará na localidade grega de Loutraki 

Nadiia Zoltikova e Marcos Miragaya
Nadiia Zoltikova e Marcos Miragaya / Federación Galega de Loita

Ata a localidade grega de Loutraki viaxará a xoven promesa da loita pontevedresa Nadiia Zholtikova para afrontar un reto de altura.

A deportista do Club Loita Pontevedra, bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, foi convocada pola Selección Española para participar no próximo Campionato de Europa U15 que se celebrará do 15 ao 18 de maio.

A prometedora loitadora de orixe ucraína, campioa nacional, participará no Europeo na categoría de -50 quilos.

Nadiia estará acompañada acompañada en Grecia polo seu adestrador no Club Loita Pontevedra, Marcos Miragaya.