O fenómeno 'fixie' chega a Pontevedra co primeiro criterium de piñón fixo

Pontevedra
12 de marzo 2015

O Criterium Pontevedra de piñón fixo disputarase o próximo sábado 2 de maio. "La idea es que venga gente de toda España, igual que nosotros vamos a Barcelona o Valencia cuando hay una carrera", afirma o seu organizador, Francisco Cochón, que prepara unha fin de semana de actividades que tamén inclúe unha carreira de bicicletas clásicas

Francisco Cochón, organizador do Criterium Pontevedra
Francisco Cochón, organizador do Criterium Pontevedra / Mónica Patxot

Sen freos, cambio ou cableado, só dúas rodas, cadro, guiador e sela. Así son as bicicletas de piñón fixo ou 'fixies' (abreviatura de 'fixed gear bike').

ÿ o nome que recibe un fenómeno que ten a súa orixe en Estados Unidos nos anos 80 e que os últimos anos foi invadindo pouco a pouco o panorama das cidades de todo o mundo.

"Son como biciletas de pista pero llevadas a la ciudad" explica Francisco Cochón, responsable da tenda Fixed & Single Bikes e organizador do primeiro Criterium Pontevedra de piñón fixo.

E é que o fenómeno 'fixie' é xa un modo de vida que se traslada a unha nova modalidade ciclista á que agora se suma a cidade de Lérez. Será o sábado 2 de maio no ámbito da Alameda.

Pontevedra acollerá a primeira proba desta modalidade que se celebre en Galicia e, a diferenza doutras citas, o seu atractivo reside en que se disputará no centro da cidade, nun circuíto de preto dun quilómetro ao que se darán "entre 28 y 30 vueltas", sinala Cochón, aínda que o seu itinerario aínda debe pecharse coa Policía Local.

Trátase dun sistema de competición "sin frenos y muy espectacular", no que os ciclistas que son dobrados deben retirarse.

"La idea es que venga gente de toda España igual que nosotros vamos a Barcelona o Valencia cuando hay una carrera", aínda que a disputa uns días antes dunha cita do circuíto mundial en Estados Unidos fará que varios equipos punteiros non poidan participar.

Malia todo a previsión é congregar medio centenar de ciclistas e a partir de aí crecer en futuras edicións, explica Francisco Cochón, que ademais creou o primeiro equipo galego da modalidade.

En todo caso o criterium non será a única cita da fin de semana, xa que "para que todo el mundo pueda participar" estase a organizar paralelamente unha proba lúdico-deportiva de bicicletas clásicas, na que se poderá participar se se posúe unha bicileta anterior ao ano 90.