O Fisgón empeza a planificar a nova tempada renovando a 'Pau', a súa capitá

Marín
26 de xullo 2020

O Fisgón empeza a despexar as incógnitas para a nova tempada. Despois de caer nas semifinais dos playoff de ascenso a Primeira División de fútbol sala, o club marinense comezou a estruturar o persoal do próximo curso

'Pau' no primeiro partido da Copa Galicia entre O Fisgón e o Poio Pescamar
'Pau' no primeiro partido da Copa Galicia entre O Fisgón e o Poio Pescamar / Diego Torrado

O Fisgón empeza a despexar as incógnitas para a nova tempada.

Despois de caer nas semifinais dos playoff de ascenso a Primeira División de fútbol sala, o club marinense comezou a estruturar o persoal do próximo curso.

Tal e como anunciaron a través das redes sociais, a primeira renovación pasa pola capitá, Paula García Blanco 'Pau', que seguirá guiando ao equipo para tentar asaltar, por fin, a máxima categoría do fútbol sala feminino español.

Aínda que aínda non hai unha data para o inicio de liga, as de Marín xa se puxeron ao choio para estruturarse e obter os mellores resultados posibles na campaña 2020/2021.