O Froiz acode a Valencia mirando de esguello a Volta a Galicia

Pontevedra
03 de setembro 2015

O equipo pontevedrés participa dende este xoves na Volta a Valencia, unha proba de catro etapas que chega a pouco máis de 10 días da Volta a Galicia, principal obxectivo de laa tempada

Martín Lestido e Pedro Merino na Volta a Zamora 2015
Martín Lestido e Pedro Merino na Volta a Zamora 2015 / Super Froiz

Dende este xoves 3 de setembro e ata o domingo 6 o Grupo Deportivo Supermercados Froiz céntrase na súa participación na Vuelta a Valencia.

O equipo pontevedrés toma esta rolda por etapas, con catro xornadas de competición, como preparación da inminente Volta a Galicia, principal obxectivo do ano.

En Valencia os ciclistas afrontarán catro etapas de perfil na súa maioría plano conformadas en forma de circuíto.

Á cita a escuadra dirixida por Evaristo Portela convocou a: Pedro Merino, Jose Luis Mariño, Miguel Gómez, Rubén García, Antonio Portela, Sergio Míguez e Roberto Mediero.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora