O Froiz, combativo pero sen fortuna na Vuelta a Ávila

Pontevedra
11 de xullo 2016

José Luis Mariño rozou a vitoria na segunda etapa da proba, pero na clasificación xeral o equipo pontevedrés notou as baixas de Miguel Gómez, gañador o pasado ano en Ávila, e Francisco Medina

Pedro Merino durante unha competición en Portugal
Pedro Merino durante unha competición en Portugal / GD Supermercados Froiz

José Luis Mariño rozou o triunfo na segunda e última etapa da Vuelta a Ávila, de categoría elite e sub-23, na que o Froiz realizou un notable traballo aínda que notou as baixas de Miguel Gómez, gañador o pasado ano en Ávila, e Francisco Medina.

Ao equipo pontevedrés, con todo, faltoulle fortuna para rematar a faena e Mariño, escapado nun reducido grupo nos quilómetros finais da segunda xornada, viu como se lle escapaba o triunfo en favor de Javier Fuentes (Ulbsports).

A primeira etapa da rolda, de características montañosas, marcara grandes diferenzas na clasificación xeral, que levou Iván Martínez (Gsport Valencia).

Con todo os ciclistas do Froiz mostraron a súa cara máis combativa estando presentes na maioría de escapadas da volta e gañando finalmente a clasificación de metas volantes con Pedro Merino.

O próximo obxectivo da escuadra alimenticia é a Vuelta a Zamora que comeza o vindeiro mércores.