O Campionato Galego de contrarreloxo individual celebrado na localidade ourensá de Baños de Molgas pechouse co Grupo Deportivo Supermercados Froiz como un dos seus grandes dominadores.
Súas foron catro medallas nas principais categorías, empezando polo título elite masculino que se adxudicou Samuel Blanco. O actual campión nacional de fondo na estrada completou os 13 quilómetros de percorrido en 17 minutos e 10 segundos, superando na súa categoría 1:08 a Aser Estévez e en 1:13 a Roberto Mediero.
Ademais en Sub-23 o Froiz copou o podio masculino grazas ao primeiro posto de Adrián Barros, logrando o segundo mellor rexistro absoluto cun tempo de 17:49. Segundo nesta idade foi Aarón Mariño e terceiro Abel Franco.
BO PAPEL DO CLUB CICLISTA FARTO
Tamén destacou na competición autonómica o outro equipo ciclista da cidade, o Farto, sobre todo co triunfo na categoría júnior feminina de Sabela Rey.
Ademais subiron ao podio nas súas categorías os xuvenís Claudia García (prata) e Raúl Casalderrey (bronce) ademais da elite Barca Toba (bronce).