O Froiz móstrase optimista ante un dos obxectivos do ano, a Volta a Zamora

Pontevedra
08 de xullo 2019

O conxunto alimenticio afronta a rolda por etapas tras competir a fin de semana en Beasain

Concentración de pretempada do Froiz 2019
Concentración de pretempada do Froiz 2019 / PontevedraViva

Chega un dos grandes obxectivos da tempada para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, máis aló da rolda de casa, a Volta a Galicia.

O conxunto alimenticio estará na liña de saída este martes da Volta a Zamora, esixente carreira de cinco etapas. Chega tras probar o seu estado de forma en Beasain, proba na que a pesar de non gañar estivo situado nos postos dianteiros.

En Zamora o Froiz enfrontarase a unha volta clásica no calendario, na súa XXXVI edición, que comenzará cunha contrarreloxo por equipos. Despois chegarán catro etapas máis en liña, sendo a priori a máis esixente a do venres 12 con 134 quilómetros entre Muelas de los Caballeros e Las Hedradas.

O equipo dirixido por Evaristo Portela asegura afrontar "con moito entusiasmo" a cita zamorana, na que contará con Iván Martínez, Martín Lestido, Diego Noriega, Jesús Arozamena, Víctor Romero e Guillermo García.