O Froiz pecha en Madrid a Copa de España con homenaxe ao seu director, Evaristo Portela

Pontevedra
12 de maio 2016

O Gran Premio Macario poñerá fin a unha competición na que os pontevedreses non conseguiron mostrar o seu mellor nivel. Aproveitando a cita, a Federación Española de Ciclismo recoñecerá a traxectoria de Evaristo Portela, que leva 28 anos á fronte do segundo equipo máis lonxevo do pelotón nacional

Presentación do GD Supermercados Froiz 2016
Presentación do GD Supermercados Froiz 2016 / Mónica Patxot

O Gran Premio Macario, que se celebra o vindeiro domingo na localidade madrileña de Alcalá de Henares, poñerá fin á Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo, na que o Froiz tiña depositadas esta tempada moitas esperanzas.

A lesión do seu líder, Francisco Medina, deixou sen opcións ao equipo pontevedrés de pelexar pola xeral na que foi unha competición aciaga este curso.

Medina reaparecerá precisamente esta fin de semana no Gran Premio Macario, cita que ademais aproveitará a Federación Española de Ciclismo para homenaxear a Evaristo Portela, director do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, pola súa traxectoria á fronte do equipo durante os últimos 28 anos.

O Froiz, segundo equipo máis lonxevo do pelotón nacional, chegou a liderar durante sete tempadas consecutivas o ránking nacional a final de tempada.

O equipo pontevedrés competirá en Alcalá de Henares cun sete composto por: João Araujo, Alejandro Lomba, Rodrigo Enríquez, Diego Somoza, Alejandro Regueiro e David González.