O Grupo Deportivo Supermercados Froiz anunciou este venres a incorporación dun novo ciclista para reforzar ao equipo, a de Hadvin Santy Guzmán.
A escuadra dirixida por Evaristo Portela puxo os seus ollos no ciclismo colombiano, de onde procede esta nova promesa de 20 anos e que como xuvenil deuse a coñecer en Europa cun bo papel na Volta a Portugal da categoría cando competía defendendo as cores do Bathco Team.
Agora, tras pasar polas filas da Fundación Everet, Guzmán cruza o charco para probar sorte no equipo pontevedrés, co que debutará a próxima semana na XLV Bidasoa Itzulia (Volta ao Bidasoa).
Esta rolda por etapas disputarase desde o mércores 10 ata o sábado 13 de maio no País Vasco coa presenza dos mellores equipos do pelotón nacional sub-23, ademais de dous conxuntos belgas, un francés e outro italiano.